“ I Concurso de deseño de cabazas, cabaciñas ou cabazóns”
Concurso de deseño de cabazas destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. A composición debe levar un elemento que garde relación ca vila de Padrón.
As cabazas serán expostas no escaparate da Panadería San José e terán asignadas un número e indicando os anos do neno ou nena.
O sistema de elección das cabazas gañadoras será a través dunha votación popular.
Os premios:
1º- VALE CON VALOR DE 100 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.
2º- VALE CON VALOR DE 50 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.
3º- VALE CON VALOR DE 30 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.
O sábado día 31 de outubro ás 18h farase reconto dos votos na tenda con todas as persoas que queiran asistir e comunicarase a través das redes sociais e no propio escaparate da tenda aos/as gañadores/as . Haberá degustación de castañas asadas para as persoas asistentes.