“I Concurso de deseño de cabazas, cabaciñas ou cabazóns”
Concurso de deseño de cabazas destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos. A composición debe levar un elemento que garde relación coa vila de Padrón e que será exposta entre o 16 e 31 de outubro.
As cabazas serán expostas no escaparate da Panadería San José e terán asignadas un número e indicando os anos do neno ou nena.
O sistema de elección das cabazas gañadoras será a través dunha votación popular.
Os premios:
1º- VALE CON VALOR DE 100 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.
2º- VALE CON VALOR DE 50 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.
3º- VALE CON VALOR DE 30 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.
O sábado día 31 de outubro ás 18h farase reconto dos votos na tenda con todas as persoas que queiran asistir e comunicarase a través das redes sociais e no propio escaparate da tenda aos/as gañadores/as . Haberá degustación de castañas asadas para as persoas asistentes.
Mercadillo: Artesanía, Antigüidades e Coleccionismo 
Mercado de aresanía e antigüidades polo casco histórico de Padrón.
Sábado 31 de outubro e domingo 1 de novembro
Horario:
– Sábado: 10.00 a 20.00 h
– Domingo: 10.00 a 20.00 h