O martes 18 de outubro do 2016, procedeuse ao reconto das votacións do público, e o resultado dos premiados foi o seguinte:
O premio á mellor tapa concedido pola puntuación do público é:
1º.- Século XX Café
2º.- Café Bar As Camelias
3º.- Restaurante Chef Rivera
O xoves 13 de outubro, un xurado profesional composto por establecementos gañadores dos concursos de tapas do ano 2015, de concellos membros do grupo Área Santiago ao que pertence o municipio de Padrón:
– Julio Mato Del Rio (Casa de Xantar A Culler de Silleda),
– Manuel Barreiro e Alberto Alonso (Casa Barreiro, Vedra)
– José Antonio Brenlla Gerpe (O Ferro, Santiago de Compostela)
Concedeu o premio á mellor tapa a:
1º.- O Secreto Tapería-Restaurante
2º.- Restaurante Chef Rivera
3º.- Século XX Café
Con respecto aos premios para os participantes como público, os gañadores foron informados por teléfono e recibirán un vale que acredite a súa condición de premiados.
O venres 21 de outubro do 2016, farase entrega dos Diplomas e dos premios.
Parabéns aos premiados, e moitas grazas a tódolos establementos participantes desta edición.