INFORMACIÓN DO CONCURSO
Padrón acolle unha nova edición do Saborea Padrón 2020 dende o venres 23 de outubro ata o domingo 1 de novembro.
O público pode votar as súas tapas favoritas neste folleto.
Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do evento, presentes en todos os establecementos participantes.
BASES DO CONCURSO
As Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón son unha iniciativa de promoción e posta en valor da hostalería padronesa, que conta cunha grande calidade.
A iniciativa vai dirixida a promocionar o #PadrónGastronómico de forma coordinada e ordenada, atendendo sempre a un obxectivo xeral e común que consiste en dar a coñecer Padrón como produto turístico global nos segmentos de mercado reais e potenciais, considerando dito destino turístico como posible instrumento de desenvolvemento económico, social e cultural.