debate-padron

O tema do gastrodebate será a cadea de alimentación consciente, tamén coñecida como holística, e a introdución de cada uno dos elementos no mercado como base da nosa cultura para a organización de programación non só para os visitantes, senón tamén para o disfrute local das riquezas da nosa terra a nivel histórico, artístico, gastronómico, espiritual, etc. Esa será a introdución que realice Luisa Ferreiro, Directora do receptivo de Galicia, Galicia es +.

Gloria Pérez, escritora e especialista en dietética e nutrición, compartirá o seu punto de vista sobre a totalidade da alimentación holística destacando a importancia de tomar conciencia sobre o que comemos; como e con que actitude. Na súa obra, comparte unha das súas frases favoritas: ‘somos o que comemos, somos o que sentimos, somos o que pensamos e como non, somos amor…’

E algo de historia… Heitor Picallo Fuentes, representante de APATRIGAL; disertará sobre a castaña como base da gastronomía na Idade Media. Este autor publicou un artigo na revista Raigame sobre o tema tomando como base a documentación da paleografía medieval. Estará como acompañante tamén Carlos Henrique Fernández Coto da mesma asociación.

David Fernández Martínez falará do proceso de elaboración do iogur artesán que produce nunha granxa de Touro: Gurgur

E estando en Padrón, non podería faltar o pemento… estarán presentes as persoas da Cooperativa A Pementeira; para falar sobre a historia e importancia dese produto e da produción dun alimento innovador: a marmelada de pementos.

Cistina Codesido, de Vermú Petroni, participará como relatora comentando a elaboración e a base que escollen para producir o Vermú Petroni e a súa integración no mercado. Como veremos, un vermú que ten moito que ver con Padrón, Rosalía de Castro, o Apóstolo Santiago… beber un vermú Petroni é beber un anaco de historia da vila.

Carlos Angueira, representante de ‘Pulpo en Tabla’, pobo envasado que se distribúe no mercado; falará sobre como xurdiu a idea de envasar ese produto que está triunfando noutros países de  Europa.

Como vedes, unha tertulia-debate que pretende invitar a todos os asistentes a comentar, intervir, preguntar… e que rematará cunha degustación consciente de varios alimentos que doarán os relatores: marmelada de pemento, iogur de Gurgur, Pulpo en Tabla e vermú Petroni… máis motivos para asitir?

Esperámosvos a todos no Convento do Carme o sábado 15 de outubro ás 19:00 h. E antes, ás 17:00 h. visita guiada á vila que sairá da Oficina de Turismo.