Camiño de Santiago que sae de Santiago de Compostela para terminar en Padrón. Existen varias referencias de peregrinos de diferentes países que, desde a Idade Media camiñaban de Santiago de Compostela ata Padrón para coñecer o lugar no que din predicou o Apóstolo Santiago en vida; localidade á que chegaron por mar os seus restos despois de morrer. Para conseguir a acreditación, débense camiñar un mínimo de 18 km. E visitar: a Colexiata de Santa María de Iria Flavia, a Fonte do Carmen que representa a Traslatio e o bautismo da Raíña Lupa; o lugar de Santiaguiño do Monte onde se sitúa as penas e a ermida onde din que predicou Santiago Apóstolo; e o Pedrón, ara romana que hoxe se atopa dentro da Igrexa de Santiago onde din que amarraron a barca dos restos de Santiago Apóstolo.
O día 11/10/2016, 16:30 h. visitaremos Herbón: as plantacións e a nave da cooperativa A Pementeira, e visita guiada ao Convento de Herbón cos Padres Franciscanos de Herbón. Esta visita é gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo de Padrón ou en Viajes Alma Gaia, organizadora.
O día 12/10/2016:
- 9:00 h Xuntanza na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela
- 9:30 h Recibimento dos asistentes e comezo da andaina
- 12:45 h Chegada á ponte medieval e parada de sensacións
- 13:15 h Visita a Pazo do Faramello (xardíns, capela e interior do pazo) + copa de viño.
- 14:30 h Comida na contorna do Pazo, na área de descanso da aldea medieval de Angueira. Comida libre, cada persoa deberá levar a súa
- 15:30 h Saída cara Padrón
- 18:30 h Parada con explicación an Escravitude e Iria Flavia
- 19:00h Visita a O Pedrón
- 19:30 h Vía Crucis a Santiaguiño Do Monte
20:00 h Entrega da Pedronía - Tapeo Saborea Padrón
Prezo: 22,00 €
Inclúe:
- Transporte: un traxecto en tren de Padrón – Santiago ou Santiago – Padrón
- Guía especializada en Espazos Naturais
- Visita a Pazo do Faramello
- Visita guiada ao Mosteiro de Herbón, e visita ás pementeiras o día anterior, 11/10
- Vale para una tapa no establecemento gañador en Saborea Padrón 2015