«Uso tradicional das plantas medicinais en Galicia». Con María das Herbas pola ruta de Herbón .
Partindo da referencia da Serra do Caurel (Lugo), área de estudo de María Moure de Oteyza e coñecida alí coma María das Herbas, propoñemos un roteiro para coñecer «in situ» as herbas, árbores e matogueiras con aplicacións medicinais, cos seus nomes vernáculos e os seus diferentes usos. Aconsellams levar papel e algo con que escribir para ir anotando.
Quen nos guiará?
María Moure de Oteyza é Licenciada en Farmacia pola USC e obtivo a Suficiencia Investigadora en dita Universidade. Actualmente centra á súa actividade nun libro, próximo á súa publicación, baseado no uso tradicional das plantas medicinais da Serra do Caurel, onde vivíu dous anos. Imparte cursiños, conferencias e obradoiros a través de diversas institucións (USC, UNED, concellos, diputacións) e en asociacións culturais e centros de terapias naturais. Na actualidade leva a cabo unha colaboración a través dunha tese de doutoramento co Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Farmacia da USC.