saborea-padron

Este ano un dos obxectivos do Saborea Padrón é dinamizar a vila durante as datas de celebración do evento; programando actividades para a xente local e tamén para os visitantes. Describimos a continuación brevemente as actividades que se realizarán.

Sábado 8 de outubro. Visita Teatralizada á Fundación PG Camilo José Cela (17:00 h.), Casa de Rosalía (18:30 h.) e acto final no Espolón (20:00 h.). GRATUÍTA PREVIA RESERVA. Actividade para realizar en familia, na que os espíritos de Camilo José Cela e Rosalía de Castro debaterán sobre como cambiou a vila nos últimos anos centrándose na gastronomía e na cultura.

20:30 h. no Auditorio Municipal de Padrón: XXVII Festival Internacional de Música de Pulso e Púa Cidade de Crital coa actuación de Jouni Koskimäki &                Highregisterorchestra.

Domingo 9 de outubro ás 11:00 h. Rafting  polo Río Ulla coa empresa AMEXTREME. Unhas horas para disfrutar do Río Ulla e da natureza en estado puro ao mesmo tempo que facemos turismo activo de maneira divertida…

Martes 11 de outubro a partir das 17:00 h. Visita guiada ás pementeiras en Herbón e ao Convento de Herbón. GRATUÍTA PREVIA RESERVA. Da man das pementeiras da cooperativa A Pementeira coñeceremos o cultivo dese recurso tan prezado que ten Padrón: o pemento de Herbón. A continuación, os Padres Franciscanos guiarannos polo Convento Franciscano de Herbón para rematar con Misa e bendición especial aos peregrinos, pensando na peregrinación da Pedronía do día seguinte. Excelente ocasión para coñecer un lugar descoñecido… misterioso, máxico…

Martes 12 de outubro. Camiño Sagrado: Pedronía ás 9:00 h desde Compostela con Inés de Facendo o Camiño. A esa hora partiremos da Praza do Obradoiro para coller rumbo a Padrón. A primeira parada será na Ponte Medieval, unha parada de sensacións con sorpresas… para seguir ata o Pazo do Faramello onde o Señor do Pazo nos fará un recorrido polo mesmo, descubrindo outro lugar auténtico que rematará cunha copa de viño. A continuación, descansaremos na área do río Tinto na aldea de Angueira para comer (comida libre). Na segunda parte da xornada, seguiremos rumbo a Escravitude, Iria onde visitaremos a Igrexa de Santa María, para rematar visitando O Pedrón na Igrexa de Santiago e facer o Vía Crucis ata Santiaguiño do Monte. E como recompensa ao camiñante peregrino… degustaremos a tapa gañadora do Saborea Padrón 2015, no local Século XX. Gratuíta para todos os asistentes á Pedronía.

Sábado 15 de outubro ás 17:00 h. Visita guiada á vila de Padrón. GRATUÍTA PREVIA RESERVA. Realizarse unha visita guiada á vila na que se contará a historia da vila. Visita apta para todos os públicos.

Sábado 15 de outubro a partir das 19:00 h. No Convento do Carme. #LatexosDebate: Gastrodebate sobre a alimentación consciente. GRATUÍTO. Realizarase unha tertulia sobre o turismo gastronómico entendido coma toda a cadea de alimentación dos produtos: desde que é semilla ata despois de que comemos os alimentos;  a importancia da alimentación consciente. Relatores de primeiro nivel acompañados polo local gañador do Saborea Padrón 2015 e un cociñeiro da vila. A tertulia remata cunha degustación cortesía de Vermú Petroni para todos os asistentes.

Ese día tamén haberá maxia e animación polos diferentes establecementos hostaleiros participantes pensado para os máis pequenos.

Domingo 16 de outubro. Camiño Sagrado: Traslatio. 15:30 h. Outra data sinalada, pois farase unha ruta dos Camiños Sagrados. Percorrerase o camiño que históricamente está recoñecido coma o recorrido polos discípulos de Santiago Apóstolo cando trasladaron o seus restos mortais dende Palestina; entrando en Galicia pola Ría de Arousa e o Río Ulla ata chegar a Padrón. A responsable da empresa Alvamar, explicaranos toda historia, pero non só iso… falaranos dos Vikingos de Catoira… Ramataremos a xornada visitando O Pedrón na Igrexa de Santiago e facendo o Vía Crucis ata Santiaguiño do Monte. E como recompensa… degustaremos a tapa gañadora do Saborea Padrón 2015, no local Século XX; gratuíta para todos os asistentes á Traslatio.

Exposición: Do 8 ao 16 de outubro no Auditorio Municipal de Padrón `Farmacia Baltar, 200 anos de historia en Padrón’. Entrada de balde.

Concurso de debuxo en servilletas en papel en O Rincón: do 7 de outubro ao 16 de outubro.

Todas as actividades son de inscrición obrigatoria agás o Gastrodebate. A inscrición pode facerse directamente na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono 629957394 ou no correo reservas@viajesalamagaia.com 

Actividades suxeitas a cambios de última hora por cuestións metereolóxicas adversas  ou por causas alleas á organización. Por iso se recomenda inscrición previa.

A información irase actualizando en www.terrasdeiria.com/saboreapadron no apartado Actividades.

Agardamos que as actividades sexan do voso interese, e esperamos poder compartir con vós algunha tapa, actividade, ou tertulia…

Xa sabes… #SaboreaPadrón porque ‘Padrón é sabor en esencia, todo suma…’