gastrodebate-saborea-padron

 

O sábado 15 de outubro de 2016, pechando as actividades do evento organizado pola Concellería de Turismo de Padrón, Saborea Padrón 2016, celebrouse unha tertulia sobre a importancia do qué comemos e  cómo o comemos.

Para dar unha explicación correcta estivo presente Gloria Pérez, coñecida nutricionista que ademais escribe para deixar constancia de moitos feitos e transmitir os seus coñecementos. Héitor Picallo, membro de APATRIGAL, expuxo os resultados dunha investigación sobre as castañas e castiñeiros como recursos económicos na Galiza do Medievo, a partir de transcricións, bibliografías e publicacións de coleccións diplomáticas. Contou, por exemplo, que se pode chegar a afirmar que esporadicamente o castiñeiro xa medraba en Galiza e en Castela antes da entrada dos romanos en Galicia; ‘que o castiñeiro era un bo compañeiro para convivir; non era unicamente veciño de cepas de viño senón que, igualmente, amosaba a súa presencia bordeando  e delimitando as explotacións decruadas ou cultivadas’ (Picallo Fuentes, H. Revista Raigame 18).

Outra parte importante da tertulia, foros os produtores con alimentos innovadores, a maioría deles da localidade de Padrón. Carlos Angueira de Pulpo en Tabla amosou como se lle ocorreu a idea de vender algo que non estaba no mercado: o afamado pulpo á feira, dende Galicia para o mundo. Milagros e Milagos da cooperativa A Pementeira, falaron sobre o seu produto marmelada de pemententos que empezaron a comercializar esta tempada; como está sendo moi valorada pola xente de Galicia. Cristina Codesido de Vermú St. Petroni amosou a historia desde vermú que traspasa o tempo recuperando sabores antigos onde se une innovación con tradición. Estivo tamén presente o compañeiro David de Gurgur; un iogur artesán que se distribúe dende o Concello de Touro e que con menos dun ano no mercado xa conta con numerosos consumidores…

A tertulia estivo moderada por Luisa Ferreiro, do grupo receptivo de Galicia, Galicia es +. Unha velada agradable nunha tarde de outono, que rematou cunha desgustación dos produtos na entrada do Convento de Carmen de Padrón onde tod@s falaron con todo@s construíndo un ambiente excepcional.

GRAZAS A TODOS E A TODAS POR ASISTIR E COMPARTIR

gastrodebate-saborea-padron

 

Noticias relacionadas en medios:

El Correo Gallego, 14/10/2016

La Alacena Roja en portada, noticias en 1 minuto 14/10/2016

A Revista de RTVG do 14/10/2016

Noticias da noite da RTVG do 15/10/2016

La Brújula Mareada, ‘Claves para logar que la gastronomía autóctona alimente el turismo de calidad