casa-de-rosalía

O sábado 8 de outubro comezan as actividades do Saborea Padrón, neste caso gratuíta para os asistentes previa reserva. O espíritos de Camilo José Cela e de Rosalía de Castro estarán entre nós para contarnos unha morea de historias… como ven eles a vila na actualidade? Que opinan sobre a gastronomía actual: os pementos, o vermú Petroni, o polbo envasado en tabla?

Ás 17:00 h. na Fundación PG Camilo José Cela farase unha visita onde coñeceremos o legado dese gran literato de primeira man, ao mesmo tempo que o seu espírito intervén.

A continuación, sobre as 18:30 h visitarase a Casa de Rosalía: tras unha breve explicación sobre a súa obra farase a visita á casa para achegarnos algo máis á súa figura e historia, ao mesmo tempo que presenciaremos unha regueira entre ambos literatos, Camilo e Rosalía.

Para rematar, o Espolón sobre as 20:00 h. os espíritos farán un acto de peche da xornada para degustar as tapas do Saborea Padrón a continuación.

Os espíritos está representados por  Luis P. Martínez e Chiruca Tarrío.

Tal e como indicábamos, a actividade é gratuíta previa reserva na Oficina de Turismo de Padrón 646 593 319 ou no 629 957 394

fundacion-P-G-camilo-jose-cela