Este ano a andaina seguirá o trazado da Ruta do Pemento de Herbón, onde o noso guía especialista en botánica irá contando as propiedades curativas das herbas que atopamos na beira do camiño.
A ruta sae do Convento Franciscano de Herbón; un membro da Comunidade Franciscana guiaranos cun percorrido pola Igrexa, por diferentes partes do Convento (Claustro, cociña, antigo refectorio…) e horta. Este lugar está moi relacionado coa historia do pemento, posto que se di que foi un Fraile Franciscano o que trouxo o pemento de México a Galicia, no século XVII cando volvía das Misións de América.
Unha vez rematada a visita, volveremos á Carballeira para comezar coa andaina, tendo como próxima parada, a Igrexa románica de Santa María de Herbón; construída na segunda metade do século XII. Un lugar perfecto para divisar os invernadoiros e as amplas leiras con pementos… de Herbón.
De regreso, de xeito circular e rodeando as murallas do Convento de Herbón, chegaremos á ponte que cruza o río Ulla desde onde se poden divisar as pesqueiras, zonas de captura da lamprea. Moi relacionada tamén, co Convento de Herbón, posto que orixinariamente esas pesqueiras foron propiedade deles para capturar salmón.
Unha chea de segredos que iremos descubrindo ao longo desta ruta… Recomendamos levar libreta e bolígrafo para anotar as recomendacións sobre as propiedades das plantas!
Vémonos en Herbón!