Un ano máis, chega o Saborea Padrón cargado de actividades!
Este ano, contaremos con:
Sábado 6 de outubro:
– Ás 09:00h Ruta ‘Recunchos do Ulla e Sar’ do programa Goza do Ulla. Inscricións na Oficina de Turismo, turismo@padron.gal ou 646 593 319. De balde para asistentes
– Ás 17:30h Visita guiada por Padrón. Inscrición na Oficina de turismo turismo@padron.gal ou 646 593 319. De balde para asistentes
– Ás 20.30h na Igrexa parroquial de Santiago de Padrón Cuarteto Romántico de Ekaterimburgc (Rusia). De balde para asistentes
Venres 12 de outubro:
– Ás 09.30h Pedronía: Camiño de Santiago andando desde Santiago a Padrón pola ruta antiga, Camiño Sagrado. Inscricións en reservas@galiciaesmas.com / 676 81 46 74. Prezo: 17€. Inclúe: guía acompañante e seguro.
Sábado 13 de outubro:
– Ás 11:00h Ruta etnobotánica en Herbón “Remedios dos Camiños”: visita a Convento de Herbón e paseo pola Ruta do Pemento de Herbón guiados por un experto en plantas. Inscricións na Oficina de Turismo, turismo@padron.gal ou 646 593 319. Prezo: 2€. Inclúe: Ruta guiada + Visita ao Convento + 1 tapa Saborea Padrón (gañadora 2017) + mochila
– Ás 17:30h Visita guiada por Padrón. Inscrición da Oficina de turismo turismo@padron.gal ou 646 593 319. De balde para asistentes