pedron-padron-traslatio

Traslatio é un vocábulo latino que fai referencia á translación por mar do corpo de Santiago Apóstolo desde Palestina a Galicia despois da súa decapitación e lugar no que recibe sepultura por predicar en vida. Os textos medievais que narran o feito, coinciden en que cara ao ano 44 os seus discípulos Teodoro e Atanasio trasladan o seu corpo por mar, a Ría de Arousa, converténdose así nunha Ruta Marítima do Camiño de Santiago que responde o nome do Mar de Arousa-Ulla e que está sinalizada por unha serie de cruceiros marítimos; o primeiro que marca o inicio na Illa de Cortegada. Relaciónase tamén a translación do corpo do Apóstolo Santiago coa lenda da Raíña Lupa.

O día 16 de outubro teremos a oportunidade de percorrer ese itnerario:

  • 15:30 h. Recibimento nas Torres do Oeste de Catoira para explicar a saída
  • 16:00 h. Saída de Catoira en barco. Remonte do Río Ulla con paradas en puntos concretos para ir explicando: Cruceiros, Traslatio…
  • 17:00 Chegada a ponte de Padrón.
  • 17:30 Visita ao Pedrón
  • 18:00 Subida a Santiaguiño do Monte
  • Vale para una tapa no establecemento gañador en Saborea Padrón 2015

Prezo: 24,00 €

Inclúe:

  • Transporte: un traxecto en tren de Padrón – Catoira
  • Vale para una tapa no establecemento gañador en Saborea Padrón 2015

O horario pode variarse e adiantarse por mor de cambios de horarios de Renfe ou do tempo meteorolóxico.

ÚLTIMAS PRAZAS. Información e reservas: Turismo de Padrón, na Oficina de Turismo de Padrón (no teléfono 646.59.33.19), ou  na axencia comercializadora das escapadas e actividades, Viaxes Alma Gaia (no teléfono 629.95.73.94).